Bos días! hoxe quero que poñades gooro e mandil porque ides a ser uns cociñeiros especiais.  Imos a cociñar uns platos moi especiais co libro: la cocina de dibujos de Hervé Tullet, un aiutor que me encanta e que se non fora polo coronavirus e este parón presencial teriamos traballado moito con el no taller de grafismo.  Hoxe propóñovos 2 pratos: Delicia de garabatos e e brochetas de formas.  Delicia de garabatos :  Para empezar debuxa un bonito garabato  n o centro do plato.  Despois debuxa outro garabato enriba, acuñando un pouco máis o lápis.  Engade un último garabato fino e delicado .  Agora reparte polo prato  4 garabatos medianos ,  5 garabatiños especiais  e 8 mini garabatos de diferentes cores.  A continuación debuxa un bonito círculo  ao redor de cada un dos garabatos.  Para acabar esparce unha choiva de puntiños de coloríns  por riba.   Borchetas de formas:  Traza 4 líneas longas e ben rectas no prato.  Na primeira liña engade unha bonita ringleira de círculos.  Na segunda li...