Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio 26, 2020

Intrusos...

Bos días a todos!! como vos foi onte coas ovellas, puidestes numeralas sen problema?, seguro que si!! Pois hoxe vou precisar a vosa axuda para eliminar un intruso que se me colou na lista da compra.  Deixovos uns debuxos dos alimentod da miña lista da compra agrupados en rectángulos, en cada rectángulo colouse un intruso, e dicir, un alimento que non tiña que estar alí porque non é da mesm afamilia que os demais, poño un exemplo, se teño: fresas, plátanos, melón e chourizo, quen será o intruso?, pois o chourizo, claro, porque non é unha froita, non pertence a ese grupo ou a esa familia. Deixovos tamén unha ficha para que unades cada animal co alimento que come.  A traballar que teño que facer a compra e preciso que me quitedes os intrusos!! e aquí chegan os intrusos de Noa e aquí chegan os intrusos de Rubén, que hoxe ademais está de santo, parabéns Rubén!! que disfrutes moito o día!! e quí chegan os intrusos de Omar e Dylan. e aquí os intrusos de Miguel