Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril 26, 2021

A que ole..?

  Seguimos traballando os sentidos e o outro día, aproveitando que fomos a aula de psicomotricidade, para relaxarnos despois de facer ximnasia traballamos o último sentido que nos faltaba por manipular e este era o: olfacto. Non adiviñaron nin un solo dos olores pero pasamos un ratiño tranquilos e relaxados intentando saber a que nos olia o que había no bote. Decirvos que era algodón empapado en colonia, ourego, loureiro, lavanda, fiuncho e follas de anís. Agradecerlle a Verónica todo a súa boa disposición en faciliatrnos todas estas prantas.