Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: decembro 17, 2020

Creo que...

  hoxe a sobremesa gustou, e gustou moito, as probas me remito 😜😋 e os nenos/ as de valores remataron a primeira canción feita con pintura de dedos!! Nadando sen parar de mamá cabra. E para rematar o día ahí vai outro adorniño para a árbore de nadal, espero que este tamén teña un sitiño. Para a semana imos escribir a carta dos reis magos e despositala no buzón que temos na escola, o buzón do carteiro real. Precisaría que por favor me enviasedes folletos de revistas de xoguetes para que eles poidan recortar e pegar na carta o xoguete que lle van pedir os reis. E como este ano non se pode facer moita cousa, pensei que para dalgunha maneira facer o día 22 un pouco distinto (día no que acaba á clase e levan os traballiños deste trimestre para a casa), os nenos/as poidan vir vestidos con motivos navideños: xerseis, gorro de papá noel, o que se vos ocorra. Moitas grazas!!