Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xaneiro 11, 2021

As vocais..

  en plastelina! Empezamos a semana repasando a grafía do número 1 e as formas xeométricas. Estaremos uns días repasando o número 1 para poder empezar co número 2. Debido a situación tan complicada que estamos a vivir neste momento co covid toda esta semana subirei ademáis o blog as fichas que traballamos no día, así podedes imprimilas e facelas na casa e traelas cando volvades a reincoporarvos aqueles que falten, entendo que algúns falten por precaución porque as cousas estanse poñendo un pouco feas e os repuntes son moitos. Vós poñede a data na ficha e os nenos/as que escriban o seu nome nun recadro ou mesmo por detrás da ficha. Seía importante recordar nas casas a importancia de lavar ben as mans, poñer a mascarilla para que nos tape ben a boca e o nariz... reforzemos estas practicas tanto na escola como na familia para evitar posibles contaxios ou polo menos minimizalos o máximo. Coidádevos moito meus miudiños e familias, non deixevos que o coronavirus entre nas nosas casas nin na