Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo 24, 2021

Unha partidiña....

  o dominó. As matemáticas non teñen porque ser aburridas e na nosa clase traballamos a lóxico matemática dun xeito lúdico e manipulativo. Esta vez usamos un xogo tradicional o que xogaron e seguen xogando os nosos avós: o dominó. Pra empezar a iniciarnos neste xogo e que os nenos/as coñecesen as regras do xogo usamos un dominó de animais, con el aprendemos as regras do xogo, repasamos vocabulario, cores, animais... para que unha vez coñecido e comprendido o xogo poder usar outro dominó onde traballemos números, asociemos grafía a cantidade... Están preparados para botarvos unha partidilla na casa e que se retomen outra vez os xogos de mesa e os xogos en familia.