Como xa vos comentei noutra entrada, estre trimestre aproveitando que traballamos a Miró, imos facer o noso propio taller de arte.  Cada semana iremos facendo cousas novas.  Os nosos primeiros cadros forman parte dunha colección chamada: Sumando cores.  Que pasa se xuntamos azul e amarelo?, que pasa se xuntamos outras cores?, irémolo descubrindo pouco a pouco...  Boa fin de semana pequenos-grandes artistas!!