Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xaneiro 14, 2021

Psicomotricidade fina.

  Como xa dixen moitas veces, en infantil debemos desenvolver moi ben a psicomotricidade fina xa que nos levarán a un bo proceso na escrita. Por iso hoxe volvemos a usar as tesoiras, desta volta cortámoslle as barabas os reis magos, si, si...xa sabemos que xa marcharon pero seguimos recordándoos con moito cariño.   NOTA:  Quería comentarvos tamén para os/as nenas que asistan mañán á clase, que eu vou chegar tarde xa que teño revisión no hodpital co meu fillo, revisión da opración, ten a cita as 11:10, pero como nestes temas do hospital sabemos cando entramos pero non cando saímos, quería avisarvos.  Na primeira folla terán que picar co punzón enriba dos puntiños, de non ter punzón poden rpasamo con rotulador e para os máis atrevidos poderán recortar o círculo con tesoiras. Na segunda ficha repasarán o número 1 co lapiz para despois facelo coa cera e na terceira cotaránlle as barbas os reis, por enriba dos puntiños. Lembrade que en tódalas fichas deben escribir eles o seu nome.