Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xaneiro 24, 2020

moitas cousas que contar....

venres familiar, coa presenza do papá de Nacho que nos contou un conto moi interesante, divertida e amena explicando porque a algunhas árbores lles caen as follas no outono e a outros non. Moitas grazas Carlos!! ademáis apuntouse a contarnos outro conto no terceiro trimestre!!!👏🏻👏🏻👏🏻👏🏻👏🏻👏🏻 Hoxe empezamos tamén co préstamo de biblioteca, farase tódolos venres e deberáse traer antes do xoves da semana seguinte. Como vedes tódalas mochilas levan nome e apelido, dentro da mochila vai unha carpeta cunha ficha moi sinxela para cubrir o neno/a e outro folio para facer debuxo sobre o mesmo (pode ser debuxo, collage, o que vós e o neno/a imaxinedes).  E para rematar de contar o día de hoxe decirvos que empecei un taller de memoria e atención na aula, farémolo tódolos venres, empezamos por cousas sinxelas para ir complicandoas pouco a pouco, deste modo axudamos ós nenos/as a centrar a atención, fixarse nos detalles, desenvolver a agudeza memorística...