Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril 9, 2021

A cociñar!!! 👩‍🍳👨🏻‍🍳

  Estimadas familias, comeza o terceiro trimestre e xa é hora de poñer o mandilón, goroo e entrar na cociña, pero esta vez para axudarlle os vosos fillos/as a elaborar a súa receita favorita, tanto pode ser doce como salgada. Cada venres, dende hoxe levarán a receita 3 nenos e deberán traela duarnte a semana seguinte. Unha vez tódolos nenos traian a súa receita farei un pequeno libro para cada neno, outro para a biblioteca do cole e outro para a biblioteca da nosa aula.  Se necesitades máis espacio para as fotos podedes poñelas noutro folio a parte, se non queredes foto final da receita (ou tamén durante o proceso), podedes facer un debuxo da receita tal e como quedaría esta. Moitas gracias pola vosa colaboración, que pasedes un rato divertido e... A cociñar!!!