Bos días!! practicastes moito os días da semana en língua de signos?, non vos preocupedes que seguro que vos acabará saíndo, tedes moito tempo para practicar!! e estade atentos que xa poñerei máis!!   Ánimo!!  Hoxe de tarefas imos a traballar un pouco de números, aquí vos deixo unhas fichas modelo.  Na ficha que ten o sete grande podedes pintala con pintura de dedos ou decorala o voso gusto.  Recordade que en tódalas fichas quero o nome completo e a data.  Cando me enviedes os traballiños subireinos aquí, nesta mesma entrada. Os de onte están na entrada de onte.  A traballar!!                     chegan traballiños de Rubén e Martín.