Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril 29, 2021

LEOTOLDA!!

Como xa vos dixen a semana pasada Leotolda iba a dar moito xogo e velaquí o tedes. Hoxe levan a súa bolsiña, en cada unha delas vai un xogo de cartas de memoria, uns títeres para que poidan eles xogar e representar o conto como queiran, unhas fichas e unha lámina de números ata o 29, esa lámina é para quedar na casa (bueno, todo é para quedar na casa), pero con esa lámina poden repasar os números tódolos días, saber cantas cifras ten cada número, saber porque  número empezan aqueles que teñen 2 cifras...tede ben a vista esa lámina meus miudiños!!  E hoxe, quero agradecerlle, volver a agradecerlle a Pablo, o profesor de segundo que se involucrou neste proxecto sen dubidalo e elaborou todo o material e  os meus fillos que fixeron os debuxos de Leotolda das cartas e decoraron eles as bolsas, como vedes eu aquí solo fun a cabeza pensante e lianta que decidiu facer un pequeno proxecto dun conto, unha actividade e uns padriños lectores de 10. Fixemos un moi bo equipo, moitisimas grazas Pablo