Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xuño 1, 2020

Seguimos repasando.

Bos días! que tal a fin de semana? menuda calor!! Hoxe imos repasar a grafía da letra T e facer 2 fichas de sumas moi fáciles. ánimo meus pequenos que xa queda pouco de clase e pronto estaredes de vacacións!!  So queda un último empuxón! Feliz día!! A traballar!!! Como vedes, na primeira ficha de sumas non aparecen números e so os debuxos, e no recadro final poñedes o resultado e na ficha de xoaniñas tedes que contar os puntiños negros de cada xoaniña , o resultado poñedelo na xoaniña final que non ten puntos, podedes poñer o resultado en número ou en puntiños negros, como vós queirades. Aquí chegan os traballos de Rubén, que rápido!! e aquí os traballos de Dylan e os traballiños de Carlos! e os traballos de Miguel.