Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: outubro 21, 2020

LSE

Hoxe fixemos unha clase distinta e que fixo que os nenos estiveran moi atentos. Pareceme moi importante a língua de signos e considero que debería estar dentro do curriculo . Eu sei moi pouco pero o pouco que sei voullo ir ensinando na clase, como sabedes a canción para aprender os días da semana está signada, eles xa coñecen os signos e poderánvola cantar na casa cando queirades.  Hoxe aproveitando o conto que estamos traballando estes días: corre, corre cabaciña aprendemos algúns signos, concretamente o de lobo, oso, león e cabaza, tamén aprenderemos signos relacionados coa temática de samaín, cando teña listo o video subireino o blog, espero poder facelo venres ou sábado. Ademáis seguimos practicando o trazo vertical, que cada día sae mellor. Aproveito tamén para decirvos que os mércores teñen relixión (para aqueles que asisten a esa optativa) e valores (os que non van a relixión), e os xoves ademáis de psicomotricidade (ximnasia) teñen a asignatura de inglés. Os nenos que asisten a