Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo 24, 2020

Psicomotricidade fina.

Bos días!! como van eses contiños? xa me chegaron 3 e son chulísimos!!! parabéns familias de Carlos, Aldara e Nacho 👏🏻👏🏻👏🏻👏🏻👏🏻👏🏻encantáronme!! 😍😍😍 sigo esperando máis contos, que poden ser inventados ou se vos resulta máis fácil, gravades un que xa exista. Hoxe vouvos poñer a recortar e colorear un polbiño, o polbo Lolo!! Deixovos aquí unha imaxe de Lolo para que poidades imprimila, de non poder facerlo podedes debuxalo vos nun folio e facer igualmente a actividade. Necesitades 2 polbos, nun deles ides recortar pola liña e sen sairse para ir desenvolvendo esa psicomoticidade fina e o outro polbo idelo a pintar cortar pola liña e despois doblarlle os tentáculos. Por suposto quero ver aos vosos Lolos á volta, cando nos poidamos ver na escola. A recortar!! e feliz martes!! Ánimo e sigo esperando os vosos contos!!