Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: outubro 5, 2020

Pizarra..

  Seguimos a voltas co número 1 e hoxe fixemolo na pizarra, de forma libre pero sempre tendo un modelo de referencia, e a cousa non saiu tan mal... na casa podedes facelo na fariña, no arroz, no azúcar... e outro xeito de traballar, traballar xogando, unha maneira de aprender de forma lúdica e motivadora. Tamén hoxe nos iniciamos na relación da grafía e cantidade, e decir, o número 1 so ten unha cousa ou solo me da unha cousa. Este é un concepto que lles costa moito pero que traballaremos ó longo do curso. Tamén repasamos as formas xeométricas, as cores, o conteo....e temos case rematado o noso mural do outono coas follas feitas por eles. Foi un día de moito traballo e algun case queda durmido no comedor e en xeral pla tarde despois de comer estaban todos moi cansos. Aproveito tamén para comentarvos que hoxe do primeiro case non comeron nada e do segundo moi pouco.