Xa levamos uns días facendo traballo individual na mesa, comezamos polos trazos sinxelos, vertical e horizontal ou arriba e abaixo, como de momento lle digo a eles. Empezamos na práctica de coller un lápis, de seguir os puntiños para marcar o camiño indicado...a estar sentado traballando cada un no seu e a traballar en silencio. Non o están facendo nada mal!!