Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xaneiro 9, 2019

Letra do día

Empezamos segundo trimestre e aumenta o traballo do encargado na asamblea. A partires de agora, o encargado terá que non so contar os nenos e nenas que faltan ese día, saber que día da semana é ou o tempo que fai, agora tamén terá que escribir o seu nome, e colocar a letra protagonista, a letra do día, que será a letra pola que empeza o seu nome. Despois entre todos buscaremos distintas palabras que empecen por esa misma letra e pronunciaremos como soa esa letra.  Temos un mundo de palabras e letras por descubrir!!