Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xuño 2, 2020

Recollida de material

Boas tardes a todos!. Como xa sabedes, o martes 9 de xuño en hoario de 9:30 -14:15 podedes pasar a recoller, tal e como aparece recollido na web do centro, o material dos vosos fillos e fillas.  Está na nosa clase, en bolsas de plástico e co nome por fora na bolsa. Cada bolsa de cada neno está enriba da súa mesa, no seu sitio, onde se sentaban sempre. Dende dirección pídenme que por favor ese día, dada a situación que estamos a vivir, simplemente sexa recollida de material o máis axil posible, debedes traer mascariila e sempre gardando as distancias. Acabo de mandarvos 2 mensaxes por abalar, por favor miradeas porque alí explicovos todo moito mellor. Un saúdo e feliz tarde.

Quén son?

Bos días! como foron onte as sumas? hoxe traiovos un xogo moi divertido para xogar en familia: Quén son? Aqui tedes unhas cartas que teredes que poñer na cabeza cunha cinta e non podedes ver, para adiviñar o que tedes na cabeza e saber quén sodes tedes que facer preguntas deste tipo: se sodes personas, obxectos, comidas, para que serve, se é grande ou pequeno.....  Ós que responden solo si ou non, pero se a cousa se pon difícil poden dar pistas para que o outro adiviñe. Cada vez que acertedes teredes que escribir nunha folla o obxecto, a persona ou aquelo que adivinedes. Que o pasedes moi ben!!