Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro 6, 2020

Biblioteca

  Como xa vos comentei onte por abalar, hoxe comezamos co préstamo de libros de biblioteca. Levan o cono e a ficha a cumplimetar, na carpeta da biblioteca tamén levan a folla dos ditos populares sobre a temática do magosto (ambos, atnto libros como a folla dos ditos ten que estar de volta como moi tarde o xoves).  E como hoxe chovía tivemos que facer o recreo no patio cuberto, pero nós somos tan felices que o pasamos ben en calquera sitio!! Lembrade tamén facer a cesta co bote de leite ou zume, e para que vaiades entrando no tema deixovos unha canción moi apropiada, que estivemos escoitando estes días. Tres castañas polo chan  (xa sabedes, pinchade e a cantar) Deixade unha vez máis voar a vosa imaxinación...Boa fin de semana!!  Que buscarán??? 😀😀 Ata no recreo traballan, mira profe estos son froitos de outono!!