Mañá familiar a cargo da mamá de Nuno, que nos contou un clásico: a casa da mosca chosca, e que coma tódolos clásicos nuca falla, e neste caso veu acompañado dun lápis moi simpático!   Moitas grazas!!                 Tamén hoxe rematamos o mes con aniversarios, moitos parabéns a María, Rubén e Dylan!!!         avanzamos en saber todo sobre o número 5         e por último seguimos traballando no noso nome. Coa ficha de hoxe traballamos tamén a lóxico-matemática.