Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro 22, 2018

Foto grupo

Hoxe os nenos e as nenas levaron para a casa unha foto de grupo e varias individuais que lle fixo unha fotógrafa a principio de curso. Mandárase unha nota no seu momento, informando do día que iba vir a fotógrafa a facer a foto. A xefa de estudos informoume e paso a contar o que ela me explicou: como ben vedes no sobre,o custo total de tódalas fotos son 25 euros, se aceptades o precio das fotos   abrides o plástico e dentro hai un sobre onde debedes meter os cartos, nome do alumno, curso e colexio. De non aceptar, non abrades o plástico e devolvedes todo o centro.  Advertencia:  Unha vez aberto o plástico implica aceptar todo e non se poderán devolver as fotos. Un bonito recordo do que estou encantada de formar parte 😍