Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro 9, 2022

Conciencia silábica

  Empezamos a concienciación silábica, moi precisa para a lectoescritura. Hoxe xa empezamos a ler palabras e en minúscula, algo moi dificil pero que eles fixeron moi ben.  O traballo que están facendo de separar en sílabas na palabra secreta está dando o seu froito,hoxe estou moi, moi contenta con eles porque ademáis de facer moi ben a lectura traballaron concentrados e en silencio. Tamén fixemos un pequeno xogo de xuntar sílabas, neste caso presentamos unha imaxe e eles eran quenes buscaban as sílabas polas que está composta dita palabra. Este mes en canto a lectoescritura traballaremos neste campo, a conciencia silábica ademáis dos dictados e como vedes na ficha xa lle imos entrando as minúsculas. En canto a lóxico matemática seguimos inmersos nas sumas