Bos días clase!! como foron eses arcos da vella? estou desexando velos e facer a nosa pequena exposición.  A tarefa de hoxe vai ser colocar un mandil e ...a cociñar!!!!    Deixovos unha receita moi fácil dun biscoito que triunfa na miña casa, pero vós podedes facer o que queirades, galletas, magdalenas, tartas....ou unha comida rica.  Empezamos.  Ingredientes :  4 ovos.  1 vaso de azuvre( 250g aprox)  1 vaso e medio de fariña (375g aprox)  200 ml de tona (nata)  1 sobre de fermento (royal)  un pouco de manteiga para o molde.  fideos de chocolate (opcional)  Preparación:  en primeiro lugar bate os ovos co azucre, engádelle a tona e mestura ben. Vai botando a fariña e o fermento pouco a pouco sen deixar de remexer.Cando esté unha masa homoxénea, e dicir todo igual, bótalle uns pouco fideos de chocolate, a gusto do consumidor. Avisa a mamá ou papá para que quente o forno a 180 grados.  segundo paso: unta o molde onde vaias facer o biscoito cun pouco de manteiga. Bótalle a masa qu...