Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo 31, 2020

A eiruga familiar

Bos días!! Hoxe vouvos a propoñer unha tarefa na que traballaremos lectoescritutra e lóxico-matemática. Unha eiruga familiar, como a eiruga comellona.  Debedes facer unha eiruga, con todo tipo de material que atopedes na casa: catulina, folios, papel ondulado...e en cada barriga escribir o nome dos noso membros da familia, tanto comos queiramos, cantos máis mellor, así a nosa eiruga será moi grande, acordádevos de contar cantas barrigas lles poñedes!! Lembrade tamén que unha das barrigas ten que ser co voso nome, e cando poñades a mamá ou papá, avós..quero tamén o seu nome. Máis tarde poñereimos unha canción que sei que vos gusta moito!! A traballar!! e onte chegoume a tarefa que fixo Izan Fernández. e tamén o debuxo de Elia para os cumpleañeros do venres!!