Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: setembro 29, 2021

Psicomotricidade fina

  Seguimos manipulando e traballando a psicomotricidade fina, desta volta rompendo papeles e non vexades como lles gustou, xa temos uns montonciños preparados para despois poder pegalos noutra ficha, outra acción que tamén require unha boa psicomotricidade fina. Esta actividade pódena practicar na casa , eu fíxena con papel de seda pero vale periódicos, papeles vellos... que sexan fáciles de romper en cachiños pequenos, porque o papel de seda a algún resistíaselle.