Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xuño 10, 2021

As parellas.

  Estes días entre o cansancio e a calor máis que traballo de ficha faremos moitos xogos de lectoecritura, lóxico-matemática, algunha ficha de puntillismo... Hoxe xogamos as buscar as parellas, esta vez as cartas eran de números, deste xeito traballamos os numeros, a memoria, a atención e teño que decir que estivemos unha sesión enteira co xogo e que estiveron moi atentos e motivados, tanto que o final quixeron seguir xogando e cambiamos as cartas de números polas cartas de animais, onde traballamos tamén vocabulario.  POR CERTO, leva desde onte unha cazadora rosa engomada sen nome na nosa clase, por favor decídeme se é de algunha nena da nosa clase, elas non a recoñeceron, se non é nosa preguntarei nas outras clases e levarase os obxectos perdidos.