Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro 3, 2020

Un ouriciño....

 de conto... Hoxe rematamos o noso ourizo, un ourizo un ouriciño que ven dende Malpica, onde unha amiga, tamén mestra fixo uns ouriciños coma este.  Hoxe, para seguri desenvolvendo esa motricidade fina e aproveitando a época na que estamos, repasamos unha serie de trazos  (vertical, horizontal e diagonal), pero desta volta fixémolo en plantilla para usar o rotulador de pizarra. Seguimos traballando tamén o tema de abrochar e desabrochar o mandilón, a algún aínda se lle resiste pero eles seguen traballando e intentando e acaban conseguindoo, algún aínda precisa algo de axuda pero a intención non lle falta.  Cada vez son maís os que xa son totalmente autónomos para esa acción. Seguen sen identificarse 2 das gorras que subín onte, unha delas, a laranxa, xa foi hoxe para a casa co seu dono, por favor, as outras 2 decídeme de quen son para poder envialas á casa.