Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo 29, 2019

Recta numérica

repaso da recta numérica do 0 ao 10. Repasámolo cos números e tamén como se indica ese número cos dedos. Hoxe como vedes levan o boletín de notas para a casa, como pasou no trimestre pasado, tedes que recortar pola liña de puntos e devolver o papeliño pequeno firmado. Por favor, devolvédeo dentro dese mesmo sobre, porque será o que usemos para o último trimestre. Os traballos correspondentes a este trimestre levarános o venres 12 de abril, día que darán comezo as vacacións de semana santa. Moitas grazas e boa fin de semana.