Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: outubro 2, 2020

Avisos importantes!

  Como vedes estamos inmersos traballando o Outono. Levamos toda a semanan falando del, que pasa no Outono, que froitos e froitas típicas se dan no Outono.... e estiven pensando...como este ano non se pode traer nada ó cole, que vos parece se facedes na casa as vosas cestas do Outono , cos froitos, alimentos típicos do Outono, o que se vos ocurra, despois sacádeslle unha foto e enviadesmas o meu correo, na foto pode sair solo a cesta ou a cesta e os neno/a comendo na froita... se solo enviades a foto da cesta non vos esquenzades escribir o nome do neno/a. Cando teña tódalas fotos subireinas ó blog, tedes de plazo ata o venres 9 de outubro para envialas e eu subireinas o luns 12 (que é festivo). O meu correo: soniacancela2003@yahoo.es AVISOS Debido a situación tan especial e complicada que se está dando na nosa aula (nenos/as que demandan moita atención, falta de profesor/a de apoio e que son moitas e xuntas as veces que teño que cambiar os nenos/as que se lles escapa un pis), falei coa