Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xaneiro 18, 2021

O libro das vogais

  Hoxe estivemos repasando as vogais e xogando a descubrir porque vogal empezaba cada imaxe. Un xeito de traballar a psicomotricidade fina, o son do fonema de cada vogal e discriminación escrita da vogal. Tamén traballamos grande e pequeno, o máis grande e o máis pequeno e as cores montando o arco da vella e para lembrarnos a todos que todo vai a sair ben, pero que sempre temos que estar atentos e coidarse moito, lavar moi ben as mans, poñer ben a mascarilla... Na primeira ficha deben picar enriba dos puntos, na segunda teñen que colorear o boneco de neve xa que empezamos a falar desta nova estación na que nos atopamos.