Bos días clase!! onte chegoume o conto de Rubén e tamén a ilustración, xenial!!!👏🏻👏🏻👏🏻👏🏻 moi ben Rubén e familia, con policias así non hai virus que entre 😅 sigo esperando os contos dos demais nenos/as.  Para hoxe teño preparada unha actividad moi sinxela e moi máxica, faremos tinta invisible!!   Fai moito tempo que non vexo o voso nome e apelido (á volta comezaremos co segundo apelido) por iso hoxe ides escribir o voso nome e apelido e os números ata o 30 con tinta invisible.  Ingrdientes:   Un limón.  Un bastoncillo.  Folios blancos.  Unha lanterna ou secador.  como se fai?  Exprimimos o zume de limón para un vaso, empapamos o bastoncillo nese zume de limón e escribimos o noso nome e apelido, os números ou notas para papá e mamá, avós, irmáns.... unha vez escrito dámoslle calor cunha lanterna, secador ou calquera outra fonte de calor, se non se ve ben poñémola na ventana e a contra luz sairá a nosa mensaxe secreta.  A traballar pequenos detectives máxicos!!