Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: setembro 27, 2022

Setas silábicas

  Como xa dixen outro día, xa empezou o outono e xa o estamos traballando, a través de Xaime e as landras e tamén o traballaremos a través dos froitos típicos do outono. Hoxe non so traballamos o outono senón que a través del traballamos a separación en sílabas, proceso que lles axuda na lectoescritura. Estalles gustando moito separar as palabras en sílabas, facémolo a través de palmadas e non so lles está gustando moito senón que tamén o están entendendo moi, moi ben. NOTA:  como dixxen na reunión este curso, polo menos mentres eu permaneza), os nenos/as farán o seu propio libro de números e letras. Hoxe levaron para a casa o número 0 e a letra A, a actividade consiste en escribir onde atoparon ese número / letra, na rúa, nun nome, nun tiquet da compra, na idade dalgún familiar.... podedes decoralo como queirades, debuxo, fotos, pegatinas... e pode ser polas 2 caras. Deberá entregarse de novo o mércores 5 de outubro, para que poidan levar outro número e outra letra. Decirvos tamén que