Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: outubro 15, 2020

Un esquío comellón

  Quen dixo que as matemáticas eran aburridas?, hoxe dévoslle de comer a un esquío comellón que temos na clase e así foi como hoxe traballamos lóxico-matemática, dun xeito divertido,acrativo e sobre todo manipulativo . As bellotas que lle tiñamos que dar eran as que saian no dado xigante, así, con esta actividade traballamos o conteo, a discriminación dos números, a asocoación da grafía a cantidade, e todo esto xogando. O nosos esquío quedou farto de tantas bellotas!!🐿 O mellor de todo a foto final😜😍 NOTA IMPORTANTE: a partires da semana que ven tódolos  xoves teremos unha hora de pscomotricidade (ximnasia) e deberán traer chandal e tenis. Hoxe os nenos levaron para a casa unha nota para a casa para informarvos sobre a festa do Samaín, deixovola tamén por aquí para eses nenos que hoxe non viñeron á escola e que poidan ir pensando nesa decoración e nese disfrace.