Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro 9, 2018

Cóntame un conto.

Fomentar a lectura desde idades temperás é básico para ser nun futuro grandes lectores. E por iso, os nenos e nenas de 3 anos abrimos a biblioteca!. Lembrade que o último día para devolver o libro será o xoves, se non o venres non poderán levar outro. Levades tamén un pequeniño traballo para facer co conto: nome do neno/a e que el ou ela fagan un debuxo do conto. Finalmente, deben dar cor á cara que aparece ó final da ficha para indicar se lle gustou moito, poco ou nada. Aproveitade esta fin de semana para ler cos vosos fillos/as, que parece que o tempo pide casa. Boa fin de semana.