Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro 1, 2021

Menú febreiro.

Come zamos semana e comezamos mes e comezamos con moitas cousas que contar. Decirvos que dende hoxe ata o 16 de abril estará con nós na clase unha rapaza que está facendo as prácticas de maxisterio, correspondentes ó último ano de carreira, chámase Veronica, e de Trazo e ademáis ex alumna do centro, será un pracer tela con nós todo este tempo. Como xa vos dixera no nadal algo tería que argallar para poder seguir homenaxeando os avós e aquí tedes o resultado, ademáis das fotos que vos pedín para facer un video con elas, tamén viremos disfrazados de avós e de avoas tal e como vedes na nta que levastes hoxe para a casa e que deixo aquí para aqueles que non viñeron hoxe. Estou desexando velos a todos disfrazados!! Hoxe tamén repasamos e formamos a recta númerica coas nosas galiñas, que como vedes son das poñedoras, e como xa subín algunha vez este xogo no blog, sabedes que nos axuda a discriminar números, asociar grafía a cantidade, ademáis de traballar a psicomotricidade fina, colores e t