Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xaneiro 15, 2021

Boa fin de semana!

Rematamos unha semana dura para o noso cole, a situación esperemos que vaia mellorando pouco a pouco aínda que sabemos que nos esperan unhas semanas complicadas xa que desconfiamos que se darán novos casos no cole ou nas familias. Tede moito coidado esta fin de semana, protexedevos e protexede os vosos avós e os que máis queredes. Boa fin de semana!  Na primeira ficha picar co punzón dentro do recadro, traballamos así a psicomotricidade fina e a forma xeométrica o cadrado. Na segunda ficha repasar os números 1 e dentro da pera pegar papeliños verdes, que previamente rompemos en cachiños pequenos.