Hoxe tivemos a sorte de contar cun contacontos moi especial e solo para nós. Foi a cargo dun grupo de rapazas, estudiantes de maxisterio na especialidade de infantil, unha delas, Marta, xa a coñecían os nenos porque fixo as prácticas neste cole no primeiro trimestre.   A nós encantounos o conto e xa lle propuxen que preparasen outro para o terceiro trimestre.  Aquí vos deixo unha foto dos nenos coas futuras mestras.  Grazas por esta sesión rapazas e moita sorte, seredes unhas grandes mestras!.