Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro 16, 2020

Novas responsabilidades...

  chegan para o encargado. Agor, ademáis de pasar lista para saber cantos nenos e nenas hai na casa e cantos están na escola, saber o día da semana no que nos atopamos ou o tempo que vai, agora o encargado terá que escribir o seu nome, saber e escribir a inicial do seu nome, disciminar a letra pola que empeza o seu nome entre todas as letras do abecedario para entre todos ir decindo palabras que empecen por esa mesma mesma letra e por último montar o seu nome. Hoxe tocoulle a Martina ser a encargada de abrir esta nova tarefa. Tamén hoxe, por primeira vez usamos as tesoiras, e a cousa non foi tan mal, aínda que hi algún e algunha que ten qe practicar un pouco maís. Como vedes, foi un luns cheo de novidades!! NOTA: hoxe apareceu na clase unha braguiña, ningunha a nena a recoñeciu,seguramente veu no bolsillo de algún mandilón, deixo aqui a foto para que me digades de quen é e mañá xa lla meto na mochila.