Bos días! hoxe propoñovos unha actividade para traballar as sílabas, algo que empezamos no segundo trimestre e que algunha vez xa fixestes durante o confinamento.  Imos facer unha piruletas silábicas metidas nunha oveira silábica.  Deixovos aquí un modelo para que poidades ver como se fai.  As palabras que tedes que separar en sílabas son: pato, nueb, roupa,recreo, casa, virus, longo, confinamento, papá, mamá, mestra, colexio.  Estou desexando ver esas oveiras tan bonitas que seguro que facedes.  A traballar!!      Acaban de chegarme as primeiras oveiras coas súas piruletas silábicas, mirade que oveiras silábicas nos fixo Omar 👌🏻😍            e chegaron as oveiras de Dylan e Nacho, chulísimas!!           e chegan tamén a oveira de Noa e Rodrigo!!            e velaquí a oveira de Carlos!