Saltar ao contido principal

Letra do día

Empezamos segundo trimestre e aumenta o traballo do encargado na asamblea.
A partires de agora, o encargado terá que non so contar os nenos e nenas que faltan ese día, saber que día da semana é ou o tempo que fai, agora tamén terá que escribir o seu nome, e colocar a letra protagonista, a letra do día, que será a letra pola que empeza o seu nome.
Despois entre todos buscaremos distintas palabras que empecen por esa misma letra e pronunciaremos como soa esa letra.
 Temos un mundo de palabras e letras por descubrir!!


Comentarios

  1. Pareceme unha idea mói divertida de ir aprendendo, ahora que sean aplicados 😅

    ResponderEliminar
  2. Son aplicados!! Hoxe xa saiu unha palabra coa letra F e sen axuda !!
    Este Xogo ademáis amén se pode facer na casa a hora da comida, no coche cando se Vai de viaxe....

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Parabéns para ti...

 nesta data querida, moitas felicicdades, moitos anos de vida!!! Moitiimos parabéns Dani!! disfruta moito da túa tarde, espero que tiveras unha tarta super rica e que recibiras moitos agasallos, moitos abrazos e moitos bicos!! Toda a clase desexache feliz cumpreanos, este ano o covid non nos deixa celebralo coma sempre con tarta de verdade e esas cousiñas de cumples pero non podia deixar que non houbera unha tarta para estes miudiños.  PARABÉNS!!!

Buscando o noso nome...

Seguimos traballando o noso nome, desta volta buscamos as pinzas para completar o noso nome, deste xeito ademáis de traballar o nome, as vocais, as letras polas que empeza o nosos nome, traballamos tamén a psicomotricidacdes fina, algo que como dixen desde un principio axudarános a ter nun futuro unha mellor escritura.

Empápate cos miudiños!!

  Moitas grazas pola vosa colaboración. Ahí levades as vosas propias suxerencias literarias. Que disfrutedes moitos deses groliños de lectura e mañán pasádevos pòr aquí para disfrutar do voso vídeo.