Saltar ao contido principal

moitas cousas que contar....

venres familiar, coa presenza do papá de Nacho que nos contou un conto moi interesante, divertida e amena explicando porque a algunhas árbores lles caen as follas no outono e a outros non.
Moitas grazas Carlos!! ademáis apuntouse a contarnos outro conto no terceiro trimestre!!!👏🏻👏🏻👏🏻👏🏻👏🏻👏🏻




Hoxe empezamos tamén co préstamo de biblioteca, farase tódolos venres e deberáse traer antes do xoves da semana seguinte. Como vedes tódalas mochilas levan nome e apelido, dentro da mochila vai unha carpeta cunha ficha moi sinxela para cubrir o neno/a e outro folio para facer debuxo sobre o mesmo (pode ser debuxo, collage, o que vós e o neno/a imaxinedes). 




E para rematar de contar o día de hoxe decirvos que empecei un taller de memoria e atención na aula, farémolo tódolos venres, empezamos por cousas sinxelas para ir complicandoas pouco a pouco, deste modo axudamos ós nenos/as a centrar a atención, fixarse nos detalles, desenvolver a agudeza memorística...


e para a semana máis. Boa fin de semana a todos.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Parabéns para ti...

 nesta data querida, moitas felicicdades, moitos anos de vida!!! Moitiimos parabéns Dani!! disfruta moito da túa tarde, espero que tiveras unha tarta super rica e que recibiras moitos agasallos, moitos abrazos e moitos bicos!! Toda a clase desexache feliz cumpreanos, este ano o covid non nos deixa celebralo coma sempre con tarta de verdade e esas cousiñas de cumples pero non podia deixar que non houbera unha tarta para estes miudiños.  PARABÉNS!!!

Buscando o noso nome...

Seguimos traballando o noso nome, desta volta buscamos as pinzas para completar o noso nome, deste xeito ademáis de traballar o nome, as vocais, as letras polas que empeza o nosos nome, traballamos tamén a psicomotricidacdes fina, algo que como dixen desde un principio axudarános a ter nun futuro unha mellor escritura.

Empápate cos miudiños!!

  Moitas grazas pola vosa colaboración. Ahí levades as vosas propias suxerencias literarias. Que disfrutedes moitos deses groliños de lectura e mañán pasádevos pòr aquí para disfrutar do voso vídeo.