Saltar ao contido principal

Maxia!!!

Bos días clase!! onte chegoume o conto de Rubén e tamén a ilustración, xenial!!!👏🏻👏🏻👏🏻👏🏻 moi ben Rubén e familia, con policias así non hai virus que entre 😅 sigo esperando os contos dos demais nenos/as.
Para hoxe teño preparada unha actividad moi sinxela e moi máxica, faremos tinta invisible!! 
Fai moito tempo que non vexo o voso nome e apelido (á volta comezaremos co segundo apelido) por iso hoxe ides escribir o voso nome e apelido e os números ata o 30 con tinta invisible.
Ingrdientes: 
Un limón.
Un bastoncillo.
Folios blancos.
Unha lanterna ou secador.
como se fai?
Exprimimos o zume de limón para un vaso, empapamos o bastoncillo nese zume de limón e escribimos o noso nome e apelido, os números ou notas para papá e mamá, avós, irmáns.... unha vez escrito dámoslle calor cunha lanterna, secador ou calquera outra fonte de calor, se non se ve ben poñémola na ventana e a contra luz sairá a nosa mensaxe secreta.
A traballar pequenos detectives máxicos!!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Esto é para vós...

 Eles tamén teñen algo que decir...

Forno solar.

 Hoxe os de secundaria prepararon chocolate e 2 biscoitos cun firno solar elaborado por eles.  E nós… fomos a proba!!  Hoxe, como xa vistes, levaron as mudas que tiñan na clase, mañán levarán os traballiños deste trimestre. 

Ata pronto ....

  meus miudiños!! quérovos moito meus miudiños!!