Saltar ao contido principal

Psicomotricidade fina.

Bos días!! como van eses contiños? xa me chegaron 3 e son chulísimos!!! parabéns familias de Carlos, Aldara e Nacho 👏🏻👏🏻👏🏻👏🏻👏🏻👏🏻encantáronme!! 😍😍😍 sigo esperando máis contos, que poden ser inventados ou se vos resulta máis fácil, gravades un que xa exista.
Hoxe vouvos poñer a recortar e colorear un polbiño, o polbo Lolo!!
Deixovos aquí unha imaxe de Lolo para que poidades imprimila, de non poder facerlo podedes debuxalo vos nun folio e facer igualmente a actividade.
Necesitades 2 polbos, nun deles ides recortar pola liña e sen sairse para ir desenvolvendo esa psicomoticidade fina e o outro polbo idelo a pintar cortar pola liña e despois doblarlle os tentáculos.
Por suposto quero ver aos vosos Lolos á volta, cando nos poidamos ver na escola.
A recortar!! e feliz martes!!
Ánimo e sigo esperando os vosos contos!!




Comentarios

Publicacións populares deste blog

Parabéns para ti...

 nesta data querida, moitas felicicdades, moitos anos de vida!!! Moitiimos parabéns Dani!! disfruta moito da túa tarde, espero que tiveras unha tarta super rica e que recibiras moitos agasallos, moitos abrazos e moitos bicos!! Toda a clase desexache feliz cumpreanos, este ano o covid non nos deixa celebralo coma sempre con tarta de verdade e esas cousiñas de cumples pero non podia deixar que non houbera unha tarta para estes miudiños.  PARABÉNS!!!

Buscando o noso nome...

Seguimos traballando o noso nome, desta volta buscamos as pinzas para completar o noso nome, deste xeito ademáis de traballar o nome, as vocais, as letras polas que empeza o nosos nome, traballamos tamén a psicomotricidacdes fina, algo que como dixen desde un principio axudarános a ter nun futuro unha mellor escritura.

Empápate cos miudiños!!

  Moitas grazas pola vosa colaboración. Ahí levades as vosas propias suxerencias literarias. Que disfrutedes moitos deses groliños de lectura e mañán pasádevos pòr aquí para disfrutar do voso vídeo.