Saltar ao contido principal

As estacións.

Fai uns días deixeivos un mural/póster co título, que día é hoxe? nel aparrecían ben claro e ben diferenciados os días da semana, os meses do ano e as estacións, e 2 cancións, unha dos meses e outra dos días da semana, pois a tarefa de hoxe é moi sinxela, despois de escoitar a canción ( deixo o enlace máis abaixo) deberedes clasificar as imaxes que aparecen nos recadros segundo a que estación corresponda, para elo teredes que recortar, algo que sei que vos gusta moito.
Unha vez que acabedes separades en sílabas esas imaxes que clasificastes  en cada estación e podedes poñelas na vosa oveira silábica que fixemos a semana pasada ou facer outra nova.
Para aqueles nenos que non teñan caixas de ovos na casa tamén o poden facer cos botes de iogurt.
A traballar!!

canción








e aquí me chegan as estacións de Noa e Rodrigo




 e aquí as estacións de Carlos






Comentarios

Publicacións populares deste blog

Parabéns para ti...

 nesta data querida, moitas felicicdades, moitos anos de vida!!! Moitiimos parabéns Dani!! disfruta moito da túa tarde, espero que tiveras unha tarta super rica e que recibiras moitos agasallos, moitos abrazos e moitos bicos!! Toda a clase desexache feliz cumpreanos, este ano o covid non nos deixa celebralo coma sempre con tarta de verdade e esas cousiñas de cumples pero non podia deixar que non houbera unha tarta para estes miudiños.  PARABÉNS!!!

Buscando o noso nome...

Seguimos traballando o noso nome, desta volta buscamos as pinzas para completar o noso nome, deste xeito ademáis de traballar o nome, as vocais, as letras polas que empeza o nosos nome, traballamos tamén a psicomotricidacdes fina, algo que como dixen desde un principio axudarános a ter nun futuro unha mellor escritura.

Empápate cos miudiños!!

  Moitas grazas pola vosa colaboración. Ahí levades as vosas propias suxerencias literarias. Que disfrutedes moitos deses groliños de lectura e mañán pasádevos pòr aquí para disfrutar do voso vídeo.