Saltar ao contido principal

Dereita-esquerda


Bos días! que tal? como foron onte as sumas? sei de algús que vos gustaron e non vos resultaron nada dificiles, moi ben!! sodes un scampións!!👏🏻👏🏻👏🏻👏🏻👏🏻👏🏻
Hoxe imos discriminar a dereita e a esquerda e para eso deixovos unha ficha para que coloquedes os diferentes medios de transporte onde corresponda, mirade ben os debuxos, mirade ben as flechas e saberedes se un coche vai para adereita ou para a esquerda.



hoxe vouvos propoñer tamén que fagades o voso propio libro dos números, é algo que me gusta facer durante o curso, cos nenos de 4 anos pero que este ano non puidemos nin empezar.
A actividade consiste en coller un folio, libreta...o que vos resulte máis cómodo ou máis fácil e a puntar arriba de todo o numero 0 (empezamos polo cero) e escribir todo o que sabedes de: a que familia pertence, cantas cifras ten, se na rtúa casa hai alguén que teña ese número na súa idade, escribir onde vedes ese número cando ides pola rúa...(agora que podedes sair seravos moito máis fácil) e por suposto podedes decorar cada folla como vós queirades!!
Cando acabedes un número pasades o outro, e así con cada número e antes de chegar a primaria podedes ter un super libro dos números.
Animádevos, encantaríame ver o voso libro, se me mandades fotos farei un apartado no blog solo para eso. Por suposto esta tarefa do libro dos números durará todo o que queda de curso.
Sorprendédeme coas vosas creacións!!
A traballar!!
e aquí chega o traballiño de Noa
e aquí os traballos de Dyln e Rubén

e aquí os de Mateo

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Parabéns para ti...

 nesta data querida, moitas felicicdades, moitos anos de vida!!! Moitiimos parabéns Dani!! disfruta moito da túa tarde, espero que tiveras unha tarta super rica e que recibiras moitos agasallos, moitos abrazos e moitos bicos!! Toda a clase desexache feliz cumpreanos, este ano o covid non nos deixa celebralo coma sempre con tarta de verdade e esas cousiñas de cumples pero non podia deixar que non houbera unha tarta para estes miudiños.  PARABÉNS!!!

Buscando o noso nome...

Seguimos traballando o noso nome, desta volta buscamos as pinzas para completar o noso nome, deste xeito ademáis de traballar o nome, as vocais, as letras polas que empeza o nosos nome, traballamos tamén a psicomotricidacdes fina, algo que como dixen desde un principio axudarános a ter nun futuro unha mellor escritura.

Empápate cos miudiños!!

  Moitas grazas pola vosa colaboración. Ahí levades as vosas propias suxerencias literarias. Que disfrutedes moitos deses groliños de lectura e mañán pasádevos pòr aquí para disfrutar do voso vídeo.