Saltar ao contido principal

Outro xogo...


Boas tardes! vaia calor nos está vindo, está un día de praia ou piscina moi bo, pero se ides a praia, moito coidado!1 levade protección solar, unha gorriña e mantede as distancias, por favor! vós sodes uns campións, demostrastesmo todo este tempo de confinamento, así que confio en vós e sei que ides facer todo o que tedes que facer.
Por se alguén ten piscina na casa, ou vai pasear o monte ou simplemente queda na casa, deixovos outro xogo que atopei en internet, que ten moitísimos anos e ven sendo unha versión antiga do actual tamgran, seguro que as vosas mamás e os vosos papás o coñecen.  A ver se vos gusta, xa me contaredes.
Un bico forte a todos e que disfrutedes da fin de semana!!😘😘😘







Comentarios

Publicacións populares deste blog

Parabéns para ti...

 nesta data querida, moitas felicicdades, moitos anos de vida!!! Moitiimos parabéns Dani!! disfruta moito da túa tarde, espero que tiveras unha tarta super rica e que recibiras moitos agasallos, moitos abrazos e moitos bicos!! Toda a clase desexache feliz cumpreanos, este ano o covid non nos deixa celebralo coma sempre con tarta de verdade e esas cousiñas de cumples pero non podia deixar que non houbera unha tarta para estes miudiños.  PARABÉNS!!!

Buscando o noso nome...

Seguimos traballando o noso nome, desta volta buscamos as pinzas para completar o noso nome, deste xeito ademáis de traballar o nome, as vocais, as letras polas que empeza o nosos nome, traballamos tamén a psicomotricidacdes fina, algo que como dixen desde un principio axudarános a ter nun futuro unha mellor escritura.

Empápate cos miudiños!!

  Moitas grazas pola vosa colaboración. Ahí levades as vosas propias suxerencias literarias. Que disfrutedes moitos deses groliños de lectura e mañán pasádevos pòr aquí para disfrutar do voso vídeo.