Saltar ao contido principal

A cociñar!!

Bos días! hoxe quero que poñades gooro e mandil porque ides a ser uns cociñeiros especiais.
Imos a cociñar uns platos moi especiais co libro: la cocina de dibujos de Hervé Tullet, un aiutor que me encanta e que se non fora polo coronavirus e este parón presencial teriamos traballado moito con el no taller de grafismo.
Hoxe propóñovos 2 pratos: Delicia de garabatos e e brochetas de formas.
Delicia de garabatos:
Para empezar debuxa un bonito garabato no centro do plato.
Despois debuxa outro garabato enriba, acuñando un pouco máis o lápis.
Engade un último garabato fino e delicado.
Agora reparte polo prato 4 garabatos medianos, 5 garabatiños especiais e 8 mini garabatos de diferentes cores.
A continuación debuxa un bonito círculo ao redor de cada un dos garabatos.
Para acabar esparce unha choiva de puntiños de coloríns por riba.

Borchetas de formas:
Traza 4 líneas longas e ben rectas no prato.
Na primeira liña engade unha bonita ringleira de círculos.
Na segunda liña engade unha ristra de cadrados ben chulos.
Na terceira liña engade unha serie de lindos triángulos e na última, engade unha fila de bonitos garabatos ben espesos.
Colorea as brochetas ou decoraas ó teu gusto.
Por ultimo sazona as brochetas con pequenos trazos finos ao seu redor.
A cociñar pequenos grandes artistas!!


E o noso cociñeiro Nacho xa nos envia os seus pratos preparados!
e o noso cociñeiro Carlos tamén nos envia os seus pratos
e velaquí os pratos dos noso cociñeiros Noa e Dylan.

e os pratos do cociñeiro Rubén

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Feliz día do libro!!!

Bos días!! A quí vos deixo a historia que fixeron os meus fillos na casa, espero que vós guste!! Despois seguirei subindo vídeos que me foron chegando. A tarefa de hoxe, seguir inventando historias para aqueles que non o fixeron e ler moito!  Feliz día!! Acaba de chegarme directamente do forno outro conto de Nacho, a editorial non para!! GRACIAS!! Podedes seguir facendo estas maravillas durante todo o curso!1 é maravilloso ver toda esa imaxinción que tedes, parabéns!!👏🏻👏🏻😍😍  E aquí vos deixo co conto de Noa, parabéns Noa!! Chulísimo!!👏🏻👏🏻👏🏻👏🏻😍😍 e antes de pechar a editorial por hoxe chégame o conto de Rúben, parabéns Rúben!! chulísimo!!!👏🏻👏🏻👏🏻😍 

Como estou hoxe....?

Bos dias! neste tempo que estamos encerrados para loitar contra o coronavirus pasan moitas cousas pola nosa cabeza e sentimos moitas emocións distintas. Hoxe propoñovos unha tarefa que mestura sentimentos e emocións, é moi sinxela e podese facer o longo de todo este encerro.  Deixo outra tamén de lectoescritura para que poñades en uncionammento unha vez máis a cabeciña! Estádelo facendo moi ben e estou moi orgullosa de vós, sodes uns auténticos heroes sin capa. Coméntame Marisa que no seu blog, que atoparedes na web do centro, vai deixando cousiñas de arte para botarlle un ollo. Aquí deixo os traballiños qu me foron enviando..

Recunchos

  Como xa vós dixen na reunión de principio de curso, despois de comer, os nenos chegan moi cansados por eso é o momento ideal para xogar tranquilamente nos recunchos. Despois de usalos desinfectos e quedan en corentena uns días ata que pasan para outro grupo.  Temos o recuncho de plastlinia, arte, construcións, ensartables e animais. Tamén, a profesora de inglés, Marita, aproveitando o bo tempo dou parte da súa clase o aire libre. LEMBRADE: Mañá venres é o último día para enviar as fotos da cesta do outono, fotos que subirei o luns 12 ó blog. De momento so teño 3 participantes. Outro tema importante:  Este ano, como tamén xa vos comentei na reunión, as titorias serán telefónicas e so en casos moi graves presenciais.  Na nosa aula xa temos varias vías de comunicación: blog (no que vos tamén podedes participar), abalar, tedes o meu correo, temos a libretiña  pero ainda así,  eu cada mes (tirando cara finais de mes) mandareivos por abalar un pequeno informe ...