Saltar ao contido principal

As vogais....

en minúscula!!!
O prometido é deuda. Acordádesvos que un día despois de moita insistencia vosa vos dixen que a final de curso ensinaríavos as vocais en minúscula, pois aquí as tedes, para que as identifiquedes, practiquedes a escribilas...
 Este xogo tiña pensado facelo na clase pero... o covi-19 non me deixou.
Explícovos, aquí tedes 2 peceras, unha con vocais en maiúscula e outra en minúscula, e tamén tedes as vocais en cartas soltas. A idea do xogo é que poñades unha carta cunha vocal no recadro que hai fora da pecera e ( se tedes a pecera plastificada) biusquedes, identifiquedes e discrimiedes a vocal na pecera, unha vez que atopedes a vocal rodeade-la. 
Vantaxes de ter a pecera plastificada, podedes borra e volver a xogar cantas veces queirades. 
Se queredes, despois de que atopastes a vocal, podedes escribila nunha pizarra se tedes, ou na libreta, e non vos preocupedes se non sae tan ben estes días, é normal, son minúsculas!! esto xa é materia de 5 anos, pero sodes un grupo traballador e sei que ides xogar moito con este xogo e acabará o verán e saberedes recoñecer as vocais minúsculas e seguro que tamén escribilas.
Disfrutade delas e boa fin de semana!! 
Este fin de semana non subirei nada porque agora xa podedes sair a rúa, xogar, ir a praia e tomar o aire e pasear, sempre con sentidiño é o que tedes que facer agora.
Espero que vos guste moito este xogo e xa me ensinaredes como as escribides!! Moitos bicos.




as vocais de Carlos


Nunca pensei verme de Gormiti...😂😂😂😂 gracias Rubén!!
as vogais de Miguel

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Parabéns para ti...

 nesta data querida, moitas felicicdades, moitos anos de vida!!! Moitiimos parabéns Dani!! disfruta moito da túa tarde, espero que tiveras unha tarta super rica e que recibiras moitos agasallos, moitos abrazos e moitos bicos!! Toda a clase desexache feliz cumpreanos, este ano o covid non nos deixa celebralo coma sempre con tarta de verdade e esas cousiñas de cumples pero non podia deixar que non houbera unha tarta para estes miudiños.  PARABÉNS!!!

Buscando o noso nome...

Seguimos traballando o noso nome, desta volta buscamos as pinzas para completar o noso nome, deste xeito ademáis de traballar o nome, as vocais, as letras polas que empeza o nosos nome, traballamos tamén a psicomotricidacdes fina, algo que como dixen desde un principio axudarános a ter nun futuro unha mellor escritura.

Empápate cos miudiños!!

  Moitas grazas pola vosa colaboración. Ahí levades as vosas propias suxerencias literarias. Que disfrutedes moitos deses groliños de lectura e mañán pasádevos pòr aquí para disfrutar do voso vídeo.