Saltar ao contido principal

Avisos importantes!

 Como vedes estamos inmersos traballando o Outono. Levamos toda a semanan falando del, que pasa no Outono, que froitos e froitas típicas se dan no Outono.... e estiven pensando...como este ano non se pode traer nada ó cole, que vos parece se facedes na casa as vosas cestas do Outono , cos froitos, alimentos típicos do Outono, o que se vos ocurra, despois sacádeslle unha foto e enviadesmas o meu correo, na foto pode sair solo a cesta ou a cesta e os neno/a comendo na froita... se solo enviades a foto da cesta non vos esquenzades escribir o nome do neno/a.
Cando teña tódalas fotos subireinas ó blog, tedes de plazo ata o venres 9 de outubro para envialas e eu subireinas o luns 12 (que é festivo).
O meu correo: soniacancela2003@yahoo.es

AVISOS
Debido a situación tan especial e complicada que se está dando na nosa aula (nenos/as que demandan moita atención, falta de profesor/a de apoio e que son moitas e xuntas as veces que teño que cambiar os nenos/as que se lles escapa un pis), falei coa coordinadora de infantil e a partir de agora chamaráse as familias cada vez que haxa que cambiar un neno/a (sexa por pis ou por caca).
Para cambia-lo teredes que seguir o protocolo: cha,mar para que vos abran desde o edificio central, ir alí e decir que vides cambiar ó voso fillo/a, para cambialo teredes que vir o noso edificio e cambialo no noso baño. As mudas seguirán na clase e xa eu as terei na mesa preparadas para cando veñades.
Sinto moito, intentouse pero a situación é moi complicada.

DEBERES.
Van uns moi faciliños... este fin de semana e tódolos días os nenos/as deberán practicar a abrochar e desabrochar o mandilón na casa, poñelo da forma máxica, (que xa saben a etiqueta e a capucha ten que estar onda a barriga para que a máxia funcione). Aproveitade tamén para cambiarlle os botóns a aqueles que os teñen pequenos xa que para eles ese botóns aínda son moi complicados e non lles facilita nada o ir conseguindo logros e metas.
Pasade unha boa fin de semana! Vémonos o luns!











Comentarios

Publicacións populares deste blog

Parabéns para ti...

 nesta data querida, moitas felicicdades, moitos anos de vida!!! Moitiimos parabéns Dani!! disfruta moito da túa tarde, espero que tiveras unha tarta super rica e que recibiras moitos agasallos, moitos abrazos e moitos bicos!! Toda a clase desexache feliz cumpreanos, este ano o covid non nos deixa celebralo coma sempre con tarta de verdade e esas cousiñas de cumples pero non podia deixar que non houbera unha tarta para estes miudiños.  PARABÉNS!!!

Buscando o noso nome...

Seguimos traballando o noso nome, desta volta buscamos as pinzas para completar o noso nome, deste xeito ademáis de traballar o nome, as vocais, as letras polas que empeza o nosos nome, traballamos tamén a psicomotricidacdes fina, algo que como dixen desde un principio axudarános a ter nun futuro unha mellor escritura.

Empápate cos miudiños!!

  Moitas grazas pola vosa colaboración. Ahí levades as vosas propias suxerencias literarias. Que disfrutedes moitos deses groliños de lectura e mañán pasádevos pòr aquí para disfrutar do voso vídeo.